CRTVG

Buscar

O coronavirus rexistra o seu pico de mortes: 97 nun só día

Publicado o 10/02/2020 14:17

Millóns de cidadáns chineses volven hoxe ao traballo. O Goberno alongara ata agora as súas vacacións de Ano Novo, coa intención de frear a epidemia do coronavirus. Hoxe as autoridades piden que a reincorporación á vida laboral sexa gradual e dinlles ás empresas que, na medida do posible, recorran ao teletraballo.

A pneumonía causada por este novo patóxeno rexistrou o seu pico de mortes: 97 nun só día. E xa cobrou en total 910 vitimas, superando así as cifras do SARS en 2012. O número de infectados supera os 40.000.

Noticias web

10/02/2020