CRTVG

Buscar

O coronavirus impacta no turismo de congresos

Publicado o 04/03/2020 14:54

A crise do coronavirus deixa pegada no turismo de eventos. O sector advirte de que a cancelación de congresos sanitarios terá un forte impacto económico e pide flexibilidade para mitigar as perdas.

A cancelación de congresos sanitarios chega en plena temporada alta para o turismo de eventos e reunións. Esta mañá suspendíanse os primeiros simposios médicos previstos para A Coruña e Santiago, con todo o que iso implica.

O sector manifesta un "respecto absoluto" polas recomendacións de Sanidade, pero pide flexibilidade para aprazar os eventos sempre que sexa posible.

Van seguir traballando con normalidade na organización doutros eventos non sanitarios extremando, iso si, as medidas para previr contaxios entre os asistentes.


 

Noticias web

04/03/2020