CRTVG

Buscar

O coronavirus deixa a súa pegada na primeira fin de semana de rebaixas

Publicado o 27/06/2020 18:10

A Asociación Empresarial do Comercio Téxtil prevé que a facturación baixe con respecto a outras campañas, concretamente que sexa un 25% menor ca o ano pasado. Aínda que outras fontes falan dun 20% menos. Varias voces do sector aseguran que estas rebaixas non van dar ganancias a un sector moi prexudicado polo coronavirus, senón que en moitos casos só servirá para que poida subsistir.

E isto súmase ao feito de que os consumidores están sendo conservadores nas súas compras debido á incerteza sobre a súa situación económica.

 

Noticias web

27/06/2020