CRTVG

Buscar

O coronavirus baleira os lugares sagrados da cristiandade en plena Semana Santa

Publicado o 10/04/2020 21:12

O lugar máis sagrado da cristiandade, a igrexa do Santo Sepulcro está pechada e baleira en plena Semana Santa. Catro frades franciscanos fan o viacrucis en Xerusalem. Non hai fieis nin turistas. Só os acompañan un grupo de reporteiros e policias.

Estoutra imaxe insólita corresponde á oración de Venres Santo na Catedral de Notre Dame cando faltan cinco días para o aniversario do incendio que a destruiu. Só sete persoas, catro relixiosos e tres músicos, estes con roupa protectora e botas de goma.

En Dusseldorf, coas igrexas e a catedral pechada, celebraron a misa nun autocine. Cada quen no seu coche, cumprindo coas medidas de distanciamento social, pero xunto na comuñón, explicou o sacerdote.

Unha muller reza ante as portas pechadas da catedral de Sidney. Ao outro lado do mundo, en Bosnia repítese a escena no Santuario dos Milagres.
 

Noticias web

10/04/2020