CRTVG

Buscar

O coranavirus entra no universo dos xoguetes

Publicado o 26/11/2020 14:54

Os xoguetes permítenlles aos nenos canalizar as súas emocións e imitar os modos de vida dos maiores. Así que, que este ano xoguen a curar enfermos da covid resulta cando menos natural.

"En nenos de 5 ou 6 anos si que notamos que xa piden maletas de médicos e carriños de enfermeira", comenta Cristina Fernández, encargada de Juguettos.

"E entre os bonecos tratan de ter a distancia e incluso están xogando cunha maleta que fixeron eles, que son doctores, e miran que tal están e mídenlle a temperatura", apunta unha nai.

No mercado podemos atopar bonecos con máscara, xogos de mesa sobre a pandemia e ata probas para diagnosticar o virus.

"Hai xogos de mesa, está o Virus, está Pandemic. Despois hai outro boneco, o Belics, que é o virus tester onde os nenos e nenas poden xogar co seu boneco para facerlle a proba da covid", continúa Cristina Fernández, encargada de Juguettos.

Os xoguetes están tendo unha boa acollida.

"Tamén é un exemplo de concienciación hacia os nenos, que ao final estano vendo na rúa todos os días e os nenos están adaptándose mellor e estano demostrando. Paréceme unha boa iniciativa", sentencia unha nai.

Noticias web

26/11/2020