CRTVG

Buscar

Convivir Deportivo da Radio Galega, galardoado nos Premios Deporte Galego

Publicado o 08/11/2019 19:06

• Ana Peleteiro foi elixida como a mellor deportista feminina e Tono Campos como o mellor deportista masculino

 

 

Convivir Deportivo da Radio Galega, galardoado nos Premios Deporte Galego

A Secretaría Xeral para o Deporte vén de publicar a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego do ano 2018. A entrega farase o xoves, 28 de novembro, no Auditorio Municipal de Lalín.

O obxectivo destes galardóns é recoñecer os méritos deportivos do ano 2018, e distinguen nesta ocasión a 22 premiados en 18 categorías. Como novidade, figura a inclusión do premio ao xogo limpo. 

O programa Convivir Deportivo da Radio Galega e conducido polo xornalista Alfonso Pardo, foi recoñecido na categoría de 'Mellor labor informativo'. 

A lista dos premiados é a seguinte:

• Mellor deportista feminina: Ana Peleteiro Brión (atletismo)

• Mellor deportista feminina con discapacidade (ex aequo): Susana Rodríguez Gacio(triatlón) e Desirée Vila Bargiela (atletismo)

• Mellor deportista masculino: Manuel Antonio Campos García (piragüismo)

• Mellor deportista masculino con discapacidade: Francisco Pérez Carrera (atletismo)

• Mellor equipo feminino (ex aequo): Pescado Rubén FS Burela (fútbol sala) e Atlético Guardés (balonmán)

• Mellor equipo masculino: Martin Wizner e Pedro Ameneiro (vela)

• Mellor equipo de deportistas con discapacidade: Fundación Celta Integra (fútbol)

• Mellor entidade na promoción do deporte de base: Club Balonmán Lalín (balonmán)

• Mellor adestrador ou adestradora: Xulio José Conde Blanco (ciclismo BTT)

• Mellor árbitro/a ou xuíz/a: Zulema González González (fútbol)

• Mellor labor informativo: Convivir Deportivo (CRTVG)

• Mellor evento deportivo: Campionato do Mundo Cadete de Xadrez (Santiago deCompostela)

• Mellor patrocinio deportivo: Estrella Galicia

• Mellor deportista revelación (ex aequo): Malena Mieres García, Teresa Abelleira Dueñase Nuria Rábano Blanco (fútbol)

• Premio ao xogo limpo: Martín Liste Viaño (atletismo)

• Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento epromoción da actividade física e hábitos de vida activa: ‘100.000 motivos de peso’(Narón)

• Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: JIM Sport

• Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: CEIP Plurilingüe Tirán

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí