CRTVG

Buscar

O Consello de Ministros acorda o cesamento do embaixador de España en Venezuela

Publicado o 03/11/2020 21:01
O Consello de Ministros acorda o cesamento do embaixador de España en Venezuela

O Consello de Ministros tamén acordou o cesamento do embaixador de España en Venezuela, Jesús Silva, que levaba tres anos no cargo. A substitución estaba decidida desde hai semanas, pero prodúcese xusto dez días despois da saída de Caracas do opositor Leopoldo López, que estivo aloxado na residencia do embaixador os últimos 18 meses.

O Goberno non ten data fixada para nomear outro embaixador de España en Venezuela. A delegación diplomática en Caracas vaina asumir o actual encargado de negocios da embaixada.

Noticias web

03/11/2020