CRTVG

Buscar

O Consello da Xunta aproba 70 millóns en axudas para autónomos e microempresas e 109 proxectos que aspiran a fondos de reconstrución

Publicado o 22/10/2020 15:41
O Consello da Xunta aproba 70 millóns en axudas para autónomos e microempresas e 109 proxectos que aspiran a fondos de reconstrución

O Consello da Xunta aprobou hoxe unha partida de 70 millóns en axudas para 30.000 autónomos e 10.000 microempresas que se distribuirán entre este ano e o que vén.

Son axudas que van percibir a maiores das que xa lles destina o Goberno central.

Ademais, neste consello tamén se aprobou o primeiro paquete de proxectos que aspiran a fondos de reconstrución europeos. Son 109 e poden supoñer investimentos de 9.500 millóns de euros.

Galicia aspira a conseguir 6.750 millóns de euros dos fondos europeos de reconstrución, os coñecidos como Next Generation.

A Xunta seleccionou estes máis de 100 proxectos para acceder ao devandito financiamento europeo. O plan estará en vigor no mes de novembro.

Feijóo insistiu na necesidade de axudar os autónmos máis prexudicados polas decisións que a Xunta, dixo, se ve obrigada a adoptar para salvagadar a saúde pública.

Noticias web

22/10/2020

Máis sobre actualidade