CRTVG

Buscar

O Consello Consultivo de Galicia di que os concellos poden sancionar por incumprir as restricións sanitarias

Publicado o 15/10/2020 20:58

Os concellos son competentes para tramitar as sancións por incumprimento das restricións sanitarias. Así o considera o Consello Consultivo de Galicia en resposta a unha consulta da Xunta. O informe sinala que son os alcaldes os que ostentan a competencia de vixiar, inspeccionar e controlar que se cumpren as medidas anticovid establecidas tanto a nivel estatal como autonómico.

O presidente da Federación Galega de Municipios entende que o informe non é vinculante, pero deixa claro que os expedientes sancionadores dos concellos se van executar.

Noticias web

15/10/2020