CRTVG

Buscar

O conselleiro de Educación, en corentena polo contacto cun positivo na súa contorna

Publicado o 18/09/2020 19:30
O conselleiro de Educación, en corentena polo contacto cun positivo na súa contorna

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, informou de que, desde este venres, estará illado en corentena e traballando desde casa. Segundo indica no seu perfil de 'Twitter', permanecerá en corentena por un contacto cun positivo por covid na súa contorna persoal. Román Rodríguez explicou que realizou unha proba PCR con resultado negativo.

 En redes sociais, apunta tamén que se atopa ben e "seguindo as indicacións sanitarias". "Coidémonos entre todos", apela o conselleiro, cuxo caso é o primeiro que transcende, dun illamento ligado coa pandemia, no seo do Executivo autonómico que lidera Alberto Núñez Feijóo.