CRTVG

Buscar

O Congreso non investigará a González e os GAL ao rexeitar a proposta o PSOE, PP e Vox

Publicado o 23/06/2020 13:09
O Congreso non investigará a González e os GAL ao rexeitar a proposta o PSOE, PP e Vox

A Mesa do Congreso rexeitou este martes a tramitación dunha comisión de investigación sobre presuntos vínculos do expresidente do Goberno Felipe González coa creación dos GAL, grazas aos votos do PSOE, PP e Vox.

Os nove integrantes da Mesa, tres do PSOE, tres de Unidas Podemos, dúas do PP e un de Vox, analizaron a proposta dos servizos xurídicos da Cámara a favor da tramitación, pero a maioría dos integrantes deste órgano non a apoiou.

Os votos do PSOE, do PP e de Vox así o decidiron, e xa que logo, a posible comisión de investigación que pediron ERC, PNV, EH Bildu, JxCat e o BNG non terá percorrido parlamentario.

Os letrados do Congreso avogaron por cualificar a petición de comisión, é dicir, que se iniciase a súa tramitación e se consulase á Xunta de Voceiros a data para que o pleno dese o seu visto e prace.

Non se dará ese paso porque a maioría da Mesa votou en contra.