CRTVG

Buscar

O Congreso avala tramitar a taxa Tobin tras rexeitar as emendas de PP, Vox e Cs

Publicado o 11/06/2020 17:55

O pleno do Congreso avalou este xoves a tramitación do proxecto de lei do imposto sobre as transaccións financeiras, a coñecida como taxa Tobin, rexeitando así as emendas de PP, Vox e Ciudadanos que buscaban tombar a iniciativa e devolver o proxecto ao Goberno.

Para iso, ademais do PSOE e Unidas Podemos, o Executivo contou cos votos de ERC, Junts, PNV, EH-Bildu, Más País, as CUP, Compromís, o BNG, Nova Canarias. A ministra de Facenda e portavoz do Goberno, María Jesús Montero, acusou o PP e Vox de poñer en dúbida a lexitimidade dun sistema tributario, criticando que "a dereita e a extrema dereita o que están a facer realmente é emendar á totalidade a existencia mesma do sistema tributario" español.

"Algunhas das argumentacións en contra do proxecto teñen na súa base un perigoso e irresponsable intento de deslexitimación do sistema tributario, ou dunha fiscalidade que afunda as súas raíces en principios constitucionais que non son equivalentes aos de igualdade ou progresividade", dixo.

A titular de Facenda reivindicou que este novo imposto "non é un invento nin unha excentricidade", que a proposta da Comisión Europea para impulsar esta figura fiscal remóntase a setembro de 2011 e que, ante este atraso -, países como Bélxica, Francia, Italia, Finlandia, Romanía ou Polonia xa foron aplicando figuras similares.

Para Montero, resulta "lóxico" que, tras sufragar un custo de 4,6 billóns de euros para o rescate do sector financeiro a nivel europeo, estas entidades "contribúan en xusta medida ao sostemento dos servizos públicos". Cunha recadación proxectada de ao redor de 850 millóns, defendeu que "non só é unha ferramenta recadatoria", senón que tamén busca "disuadir movementos especulativos" e "turbulencias que alteran o funcionamento dos mercados

Noticias web

11/06/2020