CRTVG

Buscar

O Congreso apoiará ampliar o estado de alarma e medidas económicas excepcionais

Publicado o 25/03/2020 10:12

Será un pleno sen precedentes, porque a maioría dos deputados van votar de forma telemática para evitar contaxios e tan só estarán presentes unhas 40 persoas no hemiciclo.
A prórroga do estado de alarma precisa de maioría absoluta da cámara, pero non vai haber problema para acadala, de feito, agárdase que haxa preto de 250 votos a favor.
Tamén se poderán escoitar, con toda seguridade, as críticas ao Goberno por parte de Vox e do PP, que lle botarán en cara que non fixeran dabondo para adiantarse á pandemia.
Así pois, o estado de alarma quedará prorrogado, desta volta, ata as 00:00 horas do 12 de abril.
O Congreso votará esta tarde, ademais, tres decretos do Ministerio de Economía e un do Ministerio de Traballo. Son as medidas económicas para paliar as necesidades urxentes dos sectores máis afectados polo coronavirus, e mais a derogación da posibilidade de despedir traballadores que estean de baixa.

Noticias web

25/03/2020