CRTVG

Buscar

O confinamento reduce o número de pacientes en urxencias

Publicado o 07/04/2020 15:36

Baixa a mínimos a demanda dos servizos de urxencias por razóns alleas ao coronavirus. Isto está a ocorrer na maioría dos hospitais. No Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, por exemplo, calculan que a diminución é dun 40%.

Francisco Aramburu, xefe do servizo de Urxencias do CHUO: "Fóra da pandemia, normalmente os luns nas urxencias de Ourense atendemos unha media de 250 pacientes, pero onte foron 103. A diferenza é importante".

Grazas ao confinamento, reducíronse os traumatismos. No caso de patoloxías como os ictus ou os infartos, algúns hospitais, non todos, tamén notaron unha diminución dos ingresos. Os médicos lembran que nestes casos graves si hai que acudir aos servizos de Urxencias e que existen varios circuiÍos para evitar os contaxios por coronavirus.

Francisco Aramburu, xefe do servizo de Urxencias do CHUO: "Para os pacientes que están en situación difícil, segue a funcionar o 061 e nós tamén. Adaptámonos á situación con varios circuítos que están a funcionar".

O persoal sanitario agradece o uso racional das urxencias e espera que cando remate o confinamento non se dispare a demanda.

Noticias web

07/04/2020