CRTVG

Buscar

O confinamento do Zuazo apraza a eliminatoria de Copa co Guardés

Publicado o 25/01/2021 21:41

En balonmán feminino, volvemos contar unha variación no calendario para o Atlético Guardés. Esta semana tiñan que xogar en Copa da Raíña ante o Zuazo. Os dous partidos quedan aprazados por casos de covid no cadro vasco.

O Guardés é un dos equipos máis afectados polos adiamentos nesta temporada. Xa lle aprazaron dúas eliminatorias na Copa Europa, e clasificouse automaticamente nesas roldas, e a semana pasada adiáronlle o partido de Liga que tiñan nas Canarias.

Noticias web

25/01/2021

Máis sobre actualidade