CRTVG

Buscar

O Concello de Pamplona recorrerá o auto que deixa en liberdade os de La Manada

Publicado o 04/01/2019 09:46

O Concello de Pamplona recorrerá o auto que deixa en liberdade provisional os cinco membros de La Manada. O alcalde, Joseba Asiron, engadiu que considera que os feitos xulgados que se produciron nos San Fermín de 2016 foron unha agresión sexual "en fondo e forma".

Joseba Asiron, alcalde de pamplona: "Non compartimos esta decisión, un auto que afonda na fenda que hai entre algúns sectores da xudicatura e a sociedade".

A Audiencia de Navarra desoe a Fiscalía e as acusacións e reafirma o seu criterio de manter libres os membros de La Manada ata que se resolvan os recursos que presentaron tanto as defensas coma as acusacións contra a sentenza que os condena a nove anos de cadea por un delito continuado de abuso sexual con prevalimento.
Argumenta que non hai motivos para mandalos novamente a prisión, porque cre que as circunstancias non cambiaron, e que tampouco agora hai risco de fuga.

A sentenza do Supremo pode tardar entre 1 e 2 anos. A defensa da vítima cre que aí se resolverá o caso a favor da rapaza.

O criterio da Audiencia de Navarra non foi unánime. Dous membros votaron a favor de manter La Manada libre, contra o voto do presidente da sala, partidario de que os condenados esperasen a sentenza do Supremo desde a cadea.






 

Noticias web

04/01/2019