CRTVG

Buscar

O comité informa os traballadores de que Alcoa non recúa no seu plan

Publicado o 05/06/2020 15:12

En San Cibrao, o comité de empresa informaba hoxe os traballadores da planta de que a empresa non dá marcha atrás no seu plan de despedir máis de 500 traballadores. Tras a xuntanza que mantiveron coa directiva din que non hai vontade de diálogo.

Os traballadores teñen agora postas as súas esperanzas na reunión do vindeiro martes, onde ademais da empresa estarán presentes o Goberno central e o autonómico. O comité de empresa insiste en que hai que remar todos xuntos na busca dunha solución que garanta o cen por cento do emprego e da produción. Tamén manteñen o calendario de mobilizacións. Será unha fin de semana movida con dúas protestas programadas, mañá en Xove e o domingo en Viveiro.

Jose Antonio Zan, presidente do comité de empresa: "Temos moi claro que as únicas reunións que valen que teñen que dar solución a este problema só pasan polo goberno de España e pola Xunta de Galicia, que teñen que porse de acordo e buscar esa solución".

Noticias web

05/06/2020