O comité de empresa de Alcoa considera que a empresa actúa de mala fe no proceso de venda
Publicado o 11/09/2020 14:42
Os traballadores de Alcoa protagonizaron un novo acto de protesta esta mañá en Lugo. Sobre o adarve da Muralla despregaron unha mensaxe para lembrar que na Mariña non só se vive do turismo.
O comité de empresa lamenta a mala fe que está exhibindo a multinacional no proceso de negociación para a venda da fábrica á compañía Liberty House.