CRTVG

Buscar

O comité clínico pide non facer festas "mentres non pase todo isto"

Publicado o 14/10/2020 21:26

Santiago ten unha incidencia acumulada de maís de 200 casos de covid-19 tanto a sete como a 14 días. O comité clínico vincúlao ao ocio nocturno dos universitarios, en festas ilegais en locias, nos pisos de estudantes e nos botellóns. E fan este chamamento: "Intentar non facer festas mentres non pase todo isto. Sei que é duro, sei que é dificil sobre todo nestas idades, pero teñen que facer un exercicio de responsabilidade como estamos facendo todos para saír desta pandemia", dicía o doutor Sergio Vázquez Estévez, un dos membros do comité clínico.

Botou a andar o cribado en residencias e colexios maiores de Compostela. Faranse 1.000 probas en dous días e logo estenderase aos campus da Coruña e Vigo.

En Ourense a incidencia acumulada a 14 días e de 451 casos. Sanidade é moderadamente optimista cos resultados das restricións de mobilidade. Cre que empeza a dar froitos, pero son prudentes.

"Non esquezamos que nestes momentos o 35% dos casos de Galicia están na provincia de Ourense que só representamos o 11% da poboación", apuntaba Félix Rubial, o xerente da área sanitaria de Ourense.

No Barco de Valdeorras reducíronse os casos nos últimos días pero Verín segue sumando un goteo de positivos. Pero a situación máis preocupante e a do Carballiño con case 150 novos casos en dúas semanas.

"Evidentemente, as taxas son moi elevadas e iso fíxonos tomar a decisión de poñer unhas restricións de maior nivel", dixo a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán.

No semáforo covid dos concellos sae do nivel de alerta Tomiño e volve entrar Narón.

Noticias web

14/10/2020