CRTVG

Buscar

Os seguintes quince días "serán críticos" na evolución da pandemia en Galicia

Publicado o 16/10/2020 21:23

Sanidade mantén as restricións vixentes en Galicia tras a reunión do subcomité clínico. Detecta certa contención no ritmo de contaxios agás no Carballiño. En Ourense ven certa tendencia á melloría, pero cunha taxa acumulada de contaxios que ainda triplica a de Galicia.

 "Esto fainos pensar que as medidas que tomamos son as axeitadas pero ímolas manter e non imos baixar a garda porque é evidente que ainda nos queda un amplo marxe de melloría", dixro a directora xeral de Sáude Pública, Carmen Durán.

Os expertos do comité clínico estenden a toda a cidadanía o chamento que lle fixeron a principios de semana a xente nova.

"Esas reunións con amigos e familiares, por favor, evíteas. Estamos nun momento en que os seguintes quince días probablemente sexan críticos na evolución da pandemia en Galicia", advertia o membro do comité clínico, Tato Vázquez Lima.

Para aumentar a capacidade diagnóstica o Sergas vai poñer en marcha novos cribados masivos. Nos concellos ourensáns con restricción de mobilidade contarán coas farmacias para facer test rápidos seroxóxicos entre a poboación.

"A idea é aumentar a nosa capacidade diagnóstica", aseguraba o conselleiro de Sanidade. "Tendo en conta a situación actual nos centros de saúde, nos pareceu unha boa oportunidade suplementar coas oficinas de farmacia, a disposición deste obxectivo de detectar maior número de casos",apuntaba Julio García Comesaña.

Tamén se fará un cribado con mostras de saliva por pooling entre os 15.500 traballadores de centros asistenciais e residencias de maiores. E 50.000 test rápidos ao alumnado das tres universidades galegas.

Noticias web

16/10/2020