CRTVG

Buscar

O Colexio de Médicos preséntase como acusación polas máscaras defectuosas

Publicado o 20/04/2020 15:08

Hugo é enfermeiro da UCI no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Deu positivo en coronavirus despois de realizarlle o test por empregar as máscaras defectuosas. Ademais del, outros 27 sanitarios deste hospital contaxiáronse de COVID-19. Todos asintomáticos. Recupéranse nas súas casas á espera de poder volver á primeira liña.

Mentres, o Consello Xeral dos Colexios Oficiais de Médicos esíxelle responsabilidades ao Goberno central. De feito, os médicos presentáronse como acusación particular pola entrega destes lotes de máscaras defectuosas.

O consello lamenta ademais o alto número de profesionais sanitarios afectados, uns 30.000 en toda España.
 

Noticias web

20/04/2020