CRTVG

Buscar

O colectivo Mar de Fábula celebra o Día Internacional de limpeza de praias

Publicado o 19/09/2020 21:37

Máis de cento vinte países de todo o mundo celebran o Día Internacional de Limpeza de Praias para concienciar a poboación sobre a necesidade urxente de protexer os océanos.

Na Coruña, o colectivo Mar de Fábula organizou a limpeza nos areais do Orzán, Riazor e o Matadoiro, este ano con menos voluntarios para cumprir os protocolos de prevención da covid-19. Non houbo sorpresas: recolleron sobre todo plástico. Calcúlase que cada ano acaban no mar uns oito millóns de toneladas deste material.

A raíña Sofia, sumouse como voluntaria ás xornadas de concienciación celebradas na praia do Rincón da Vitoria, en Málaga. Alí puido coñecer de primeira man o traballo dos mergulladores que recollen plásticos do medio mariño para evitar que se convertan en microplásticos e prexudiquen tanto á fauna como a nosa propia saude. 
 

Noticias web

19/09/2020