CRTVG

Buscar

O coche de Reyes ía a non menos de 187 km/h

Publicado o 02/04/2020 15:29


O estado en que quedou o coche en que viaxaban Reyes e dous primos del fixo pensar nun primeiro momento que a velocidade excesiva fora a causa do sinistro mortal.

A Garda Civil conclúe que o vehículo circulaba efectivamente a non menos de 187km/h cando se produciu o accidente, hai dez meses.

Pero o informe sinala como causa principal o rebentón dunha roda traseira do coche, que un dos familiares que viaxaba con el reparara había só uns días.

Reyes perdeu o control do vehículo, que saíu da autovía pola que circulaba e se incendiou á altura da localidade sevillana de Alcalá de Guadaira.

José Antonio Reyes tiña 35 anos e militaba por entón no equipo de fútbol Estremadura. Ademais del, no accidente morreu seu primo Johnatan. O unico sobrevivente foi outro curmán, Juan Manuel, que viaxaba con eles e que sufriu queimaduras moi graves.
 

Noticias web

02/04/2020