CRTVG

Buscar

O Cisne volveu aos adestramentos despois de 19 días confinado

Publicado o 28/10/2020 09:57

O Cisne volveu aos adestramentos despois de 19 días confinado e sete positivos por coronavirus. O sábado recibe o Barcelona.

O Cisne ten catro partidos pendentes. O sete de outubro disputou o último, contra o Cuenca, equipo que sufriu ata 16 positivos.

A Liga Asobal leva máis de trinta partidos pospostos e a situación xeral, co novo estado de alarma, toque de queda e peche perimetral de territorios, complícao máis.

Os clubs estudan reestruturar a segunda volta. Os humildes pensan que unha temporada con descensos pode ser inxusta.

A estrea do Cisne na elite non está a ser a soñada, pero este sábado recibe o todopoderoso Barcelona, quizais ante cen espectadores afortunados.

Noticias web

28/10/2020