CRTVG

Buscar

O Cisne suspende os adestramentos por tres positivos máis de coronavirus

Publicado o 20/10/2020 12:48

En balonmán, tras 12 días de confinamento, estaba previsto que o Cisne regresase o martes aos adestramentos. Pero despois de realizarlle unha PCR a algúns xoadores, polo menos dous deles deron positivo. O mércores informouse dun novo positivo, así que non se adestrarán de momento. Desde o club xa solicitaron o aprazamento do partido ante Guadalaxara. O equipo manchego está a favor da suspensión.

Noticias web

20/10/2020