CRTVG

Buscar

O Cisne roza o triunfo na pista do Sinfín e acaba empatando (24-24)

Publicado o 29/11/2020 12:17

O Dicsa Modular Cisne estivo a piques de acadar o segundo triunfo da temporada na pista do Sinfín de Cantabria (24-24). A dez minutos para o final gañaba por tres goles de diferenza (18-21) pero non puido manter a vantaxe na parte final do partido. 

Os dous equipos, situados na parte baixa da clasificación, sabían do moito que se xogaban. Foi un partido moi parello no que houbo diferenzas mínimas. No primeiro tempo o Sinfín chegou a ter unha máxima de dous goles (8-6) pero o Cisne acabou por diante ao remate dos 30 minutos (11-12). 

Na segunda parte o Cisne foi por diante durante moitos minutos. Co acerto de Alex Chan (8 goles) rozou o triunfo e só ese mal parcial na parte final impediu que levase a vitoria. 

Noticias web

29/11/2020