CRTVG

Buscar

O Circo do Sol estará ata o domingo en Santiago

Publicado o 05/02/2020 21:36

Máxima expectación no Multiusos Fontes do Sar, porque de aquí a un cuarto de hora aproximadamente dará comezo o espectáculo Corteo do Circo do Sol, un dos clásicos da compañía, que recrea o funeral cheo de alegría do pallaso Marcelo. Malabarismos, acrobacias, humor, música... todo para acompañar un cortexo moi especial.

O Circo do Sol volve a Santiago, onde xa representou varios dos seus espectáculos como Alegría ou Saltimbanco. Hoxe será a primeira das oito sesións que se representarán de aquí ata o vindeiro domingo, e aínda quedan entradas para poder velas.
Esta tarde estivemos nos ensaios e coñecemos moitos dos segredos desta compañía fundada en 1984 no Canadá.

 

Un pallaso que morre pero que o celebra coa vida.
Dun pallaso que non está só
Un espectáculo de moita música

Todo cambia ao ritmo dos malabares, das camas elásticas, das acrobacias, das coreografias, do humor. Ata cambia a mesma función por moito que se repita. Corteo é un clásico do Circo do Sol, sempre emocionando desde 2005.
Pero nin sequera o máis extraordinario ten segredos.

Traballo e adestramento tradúcense na beleza do Circo do Sol que ata o domingo brilla en Compostela.









 

Noticias web

05/02/2020