O ciclista que quedara parapléxico nun accidente no monte Alba, en Vigo, demanda unha indemnización dun millón aos comuneiros
Publicado o 24/02/2020 15:11
O ciclista que quedara parapléxico nun grave accidente en monte Alba, en Vigo, demanda os comuneiros por vía civil.
Reclama unha indemnización que roza o millón de euros polos gravísimos danos que sufriu. Os feitos tiveran lugar o 4 de setembro de 2014. O home circulaba polo monte Alba cando bateu cunha pedra colocada a propósito no camiño forestal.
No proceso xudicial de 2018, a Audiencia de Vigo absolveu os 4 comuneiros, acusados de colocar as pedras, por considerar que non quedara acreditado que as puxeran eles.
Máis sobre Vigo
24/02/2021 15:16
24/02/2021 13:58