CRTVG

Buscar

O CHUS desenvolve unha nova terapia para que os implantes sexan máis duradeiros

Publicado o 09/07/2020 13:55

Un equipo médico do Hospital Clínico de Santiago desenvolve unha nova terapia destinada a mellorar a calidade de vida das persoas que sufriran amputación de brazos ou pernas. 

A finalidade é lograr uns implantes que sexan máis duradeiros e que non se degraden co paso do tempo.

A base deste estudo que lidera o traumatólogo Alberto Jorge Mora é a modificación da superficie dos implantes.

A nova terapia, que se desenvolve no Hospital Clínico de Santiago, busca implantes que perduren no tempo.

Se é efectiva, a terapia tería outras aplicacións.

A finalidade da investigacion é mellorar a calidade de vida das persoas que sufriran algunha amputación de brazos ou pernas.

 

Noticias web

09/07/2020