CRTVG

Buscar

O CHUO, pioneiro en Galicia no transplante de feces

Publicado o 11/02/2020 14:14

O tratamento aplícase a pacientes que padecen diarreas crónicas asociadas, sobre todo, ao consumo de antibióticos. Os posibles doantes deben pasar un estrito control previo para garantir a seguridade do receptor: non padecer enfermidades autoinmunes ou cancro e non consumir antibióticos ou protectores de estómago. Só un dez por cento dos candidatos a doantes resultan ser axeitados.

Os servizos de dixestivo, infecciosos e microbioloxía do complexo Hospitalario Universitario de Ourense colaboran conxuntamente na aplicación deste tratamento que tan só se realiza en seis hospitais de toda España.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2020