CRTVG

Buscar

O CHUO comeza a trasladar pacientes para evitar o colapso

Publicado o 09/10/2020 10:03

Un positivo en covid-19 que ingresara nas urxencias no CHOU foi transladado ao Álvaro Cunqueiro de Vigo ante a previsión de que ingresara na UCI.

Jose Antonio Ortigueira, responsable de atención hospialaria no CHUO: "Fixemos o traslado en base ao plan de continxencia da pandemia e para preservar o poder usar todos os recursos. Era algo que estaba previsto xa no plan de desescalada".

En canto á presión na UCI, Jose Antonio Ortigueira di que "a situación epidemiolóxica de Ourense non é a mellor. Temos presión asistencial, pero hai unha diferenza moi grande en comparación coa primeira onda. De todas as asistencias que tivemos en urxencias onte, arredor de 200, só fixemos un traslado".

Sobre se vai haber máis traslados, o responsable de atención hospitalaria do CHUO di: "Si, aplicaremos o plan en base aos criterios clínicos. Agora mesmo hai 50 persoas ingresadas e 9 están en coidados intensivos".

Noticias web

09/10/2020