CRTVG

Buscar

O CHUAC, entre os 15 hospitais con mellor reputación de España

Publicado o 28/11/2019 14:41

O Monitor de Reputación Sanitaria elaborouse con máis de 6.000 enquisas a profesionais e pacientes que lles puxeron nota aos hospitais españois. A lista resultante trouxo boas novas para A Coruña: o CHUAC ocupaba o posto número 18 o pasado ano, e agora subiu seis postos de golpe.

"Entre máis de 800 hospitais do noso país, o CHUAC queda situado no posto 12, un posto moi importante", sinala Luis Verde, xerente da Área Sanitaria da Coruña.

E competindo cos complexos de Madrid e Barcelona, que copan os primeiros postos, sendo o mellor valorado dos hospitais públicos o madrileño La Paz.

Dos galegos, o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo ocupa o posto número 72, e o de Santiago o 58, os dous afastados dese posto 12 do hospital coruñés.

"En Galicia temos un sistema sanitario dos mellores. Nun momento dado un pode estar mellor clasificado e noutro momento pode estar outro, pero sen dúbida é o conxunto do sistema sanitario galego", valora Verde.

O Monitor de Reputación Sanitaria elabora tamén unha clasificación dos distintos servizos, con notable éxito dos equipos coruñeses.

"Dentro do conxunto de servizos do hospital, 12 dos nosos servizos quedaron entre os 15 primeiros do país".

Cirurxía Oral e Maxilofacial figura nun sexto posto, Farmacia no oitavo e Obstetricia no décimo primeiro.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/11/2019