CRTVG

Buscar

O Chicle agarda que o xuíz decida que pena de cárcere ten que cumprir

Publicado o 09/12/2019 14:32

Nos próximos días debe coñecerse a sentenza polo crime de Diana Quer. No seu veredicto, o xurado popular considerou a José Enrique Abuín, alias o Chicle, culpable de asasinato con aleivosía, detención ilegal e agresión sexual, pero non de violación.

Agora é o xuíz o que terá que emitir a sentenza e decidir se lle impón a pena de prisión permanente revisable que a acusación pide para Abuín, autor confeso da morte de Diana Quer.

Noticias web

09/12/2019