CRTVG

Buscar

O Centro Galego de Bos Aires súmase á loita contra o coronavirus

Publicado o 09/04/2020 21:06

Despois de máis dun século de historia, o Centro Gallego de Bos Aires enfróntase estes días a un dos seus maiores desafíos: salvar o maior número de vidas posible durante a pandemia de coronavirus.

O Centro Gallego de Bos Aires é un máis dos hospitais que están a loitar contra o coronavirus na Arxentina.

O primeiro caso sospeitoso chegou hai dúas semanas ao centro, onde agora están internadas ata tres persoas con este patóxeno, unha delas en coidados intensivos.

"É xente toda de idade avanzada, entón case sempre son de risco".

O Centro Gallego tamén ofreceu ao Goberno municipal as súas instalacións na provincia de Bos Aires para o que sexa necesario.

"Isto aquí acaba de empezar, oxalá, oxalá que se poida deter".

Polo momento, o coronavirus deixou máis de setenta mortos na Arxentina.

 

Noticias web

09/04/2020