CRTVG

Buscar

O Celta quere ser forte na casa

Publicado o 19/09/2020 14:51

Comeza andaina en Balaídos recibindo ao Valencia de Maxi Gómez

Nun mercado de fichaxes tan raquítico como o actual, calquera incorporación merece ser celebrada. E máis se a chegada é a dun home decisivo no eixo da defensa do Celta. Jeison Murillo estará hoxe fronte ao Valencia, curiosamente o equipo que semellaba ser o seu destino hai uns días. O colombiano será importante para o Celta se asemelle ao que quere Óscar García

Óscar García Adestrador do R.C. Celta "Quero ser un equipo forte na casa, como un martelo pilón tanto con balón como sen balón e esta é a mentalidade que temos que ter"

E é que na casa aínda está latente o mal final da temporada pasada. A goleada fronte ao Alavés foi o último triunfo. Despois, tres empates, algún meritorio como o logrado contra o Barcelona e por último a derrota dolorosa diante do Levante que comprometeu, e de que xeito a permanencia.

O rival, o Valencia, semella volver a vivir outra das súas clásicas etapas de autodestrucción. Aínda así, solventou a primeira xornada remontándolle dúas veces ao :evante no derbi.

Javi Gracia Adestrador do Valencia C.F. "Eu creo que o Celta na casa é un equipo bastante ofensivo, no que realmente a súa proposta é buscar a vitoria con características de xogadores de calidade".

Maxi Gómez comezou a liga marcando. Hai un ano retornou a Balaídos sen éxito e recibindo a ovación dun público que seguirá ausente. Fora a primeira vitoria na casa do Celta, co tanto do Touro Fernández. Moito cambaron as cousas. Ahora, o protagonista é Emre Mor, que tentará seguir gañando a confianza de Óscar.

Noticias web

19/09/2020

Máis sobre actualidade