CRTVG

Buscar

O Celta pecha a segunda semana de adestramentos

Publicado o 23/05/2020 13:59


Pequenas historias dun adestramento sabatino na segunda fase de desconfinamento futolístico. Mentres no primeiro grupo de traballo comezan os roldos de baixa intensidade, no campo de arriba, as cadeiras baleiras con distancia de seguridade agardan polos primeiros convidados.

Abaixo, o doutor Cota e o director deportivo Felipe Miñambres repasan protocolos e gozan cos primerios tiros a porta dunha semana especial na que Sergio Álvarez dixo adeus ao que resta de temporada por unha mancadura no xeonllo.

Nesta segunda fase Óscar vai metendio máis volume de traballo, máis balón e menos pesas...e os xogadores agradecen con goles estes días de reapertura. Brais deixa perlas coma esta mentres agarda a que se peche a súa renovación.

As cadeiras baleiras comezan a ter ocupación, chega a segunda quenda, sempre respectando a distancia de seguridade, mantendo o protocolo da temperatura e cun Murillo pensativo sobre o seu futuro. O central quere quedar en Vigo e ampliar o seu contrato...o mesmo que Smolov.

No canto do mexicano Araújo, se chega un grande haberá negociación, o presidente recoñeceuno abertamente.

Noticias web

23/05/2020