CRTVG

Buscar

O Celta non pode inscribir a Renato Tapia na liga por exceso de extracomunitarios

Publicado o 10/09/2020 21:22


A menos de 48 horas para comezar a liga, non é segura a estrea de Renato Tapia co Celta en Ipurúa. O centrocampista peruano non ten pasaporte comunitario, no club vigués pensaban que o tiña tramitado tras xogar en Holanda, e agora mesmo o Celta ten ocupadas as tres prazas de extracomintarios con Olaza, Araujo e o Touro Fernández. Esta mañá o dianteiro uruguaio non se adestrou co equipo. O Celta está tramitándolle unha saída urxente ao Touro. O conxunto olívico confirma que Tapia viaxará co resto da expedición a Ipurúa.
 

Noticias web

10/09/2020