CRTVG

Buscar

O Celta negocia a rebaixa da cláusula de compra de Lucas Olaza

Publicado o 25/01/2021 16:53

O caso Olaza é unha das patacas quentes que ten o Celta neste mercado invernal. O xogador está cedido ata xuño de 2021, pero o seu contrato inclúe unha cláusula obrigatoria de compra de 4 millóns de euros no caso de que xogue a metade dos partidos.

Esa cantidade de partidos está a piques de cumprirse e o Celta non quere facer fronte a esa cantidade económica pois prioriza outras posicións á hora de reforzar o equipo. Agora toca negociar novamente con Boca para rebaixar a cláusula a uns 2 millóns de euros. O equipo arxentino non cede e o que ten claro é que, nestas condicións, Olaza non volvería xogar. 

Noticias web

25/01/2021