O Celta é o segundo equipo das grandes ligas europeas que menos tira á portería
Só hai un equipo nas oito mellores ligas europeas que tira menos á portería que o Celta, o Tondela, club do norte de Portugal que sorprendentemente vai quinto clasificado. Lanza menos, pero ten moita máis pegada, pois en sete partidos suma dez goles e o Celta só cinco en nove xornadas.
Escribá quere que o equipo teña a pelota, pero é un dominio estéril, de fútbol plano con pouca capacidade de sorpresa. O Celta está a ter pouco gol, pero o máis preocupante é que apenas lanza á portería.
Repasemos os equipos con menos lanzamentos nas ligas europeas. O Ufá ruso 10,8 tiros por partido. En Alemaña, o Ausburgo 10. Cifra moi similar ao do Brescia, o peor na Serie A italiana. Supera os nove tiros o Ankaragaku en Turquía, o Venlo en Holanda e o Amiens en Francia. Móvese por eses números o peor equipo da Premier, o Wolverhampton.
Os dous peores equipos do continente son o Celta, 8,1 tiros por partido, e o Tondela portugués, 7,9.
Son números que reflicten unha das causas do mal momento do Celta, este Celta con Aspas, Denis Suárez, Santi Mina e Rafinha que apenas ten gol pero que tampouco crea oportunidades.