CRTVG

Buscar

O Celta é o décimo no límite salarial de Primeira e o Lugo o décimo terceiro na Segunda

Publicado o 17/11/2020 16:24

A Liga deu a coñecer os límites salariais dos equipos. O cadro de gasto de xogadores profesionais, adestrador principal, axudante e preparador físico. Non é o presuposto. Baixaron obstensiblemente.

O Celta dispuxo dun límite salarial para o mercado estival de 62 millóns e medio de euros. É o décimo límite salarial no ránking de Primeira e baixa seis millóns con respecto ao curso pasado. Os tres primeiros son o Real Madrid, Barcelona e Atlético de Madrid.

O Barcelona é un dos máis prexudicados pola pandemia, ten case 300 millóns menos de tope de gasto que a temporada pasada.

Pechan o Huesca e o Elxe.

En Segunda División, o Lugo ocupa o décimo terceiro posto do ránking con 5 millóns e 300.000 euros, moi por debaixo dos tres primeiros, Español, Almería e Leganés.


 

Noticias web

17/11/2020

Máis sobre Lugo