CRTVG

Buscar

O Celta despide o ano cun adestramento en Balaídos que pode ser o último de Lobotka

Publicado o 31/12/2019 20:23

O Celta despediu o ano cun adestramento en Balaídos. Aqui volverá o domingo para enfrontarse ó Osasuna, outro partido da súa liga. As caras, pouco festivas.

Óscar García ten as pezas xustas na defensa. Hugo Mallo traballa á marxe cunha leve lesión muscular. Araújo non pode xogar por sanción, pois recibiu o quinto cartón amarelo contra o Levante. O outro central dispoñible é David Costas, que tamén xogou en Valencia, onde o Celta formou con cinco defensas.

Pola tarde o Club desexou un feliz ano novo lembrando que cada abonado pode recoller unha invitación para o partido contra o Osasuna. Xógase ás 9 da noite, entre a Cabalgata e a cea de Reis. O Celta elevou unha queixa formal á Liga no seu día, sen resultado. Ano novo, Liga nova. É o lema destes días. O equipo descansa o día un e volve o dous á Madroa, co mercado de fichaxes aberto. A ver se está Lobotka. Medios italianos sitúano en Nápoles nas próximas horas a falta de que Mouriño lle dea o OK ao traspaso.

 

Noticias web

31/12/2019