CRTVG

Buscar

O Celta comeza a temporada cun punto en Ipurúa

Publicado o 12/09/2020 20:23

Emre Mor destacou no convincente partido celeste

 Sen alardes, é obvio. Pero o Celta sae de Ipurúa reforzado. Os dous equipos, sen as incorporacións desexadas, víronse obrigados a dispor de onces continuistas. No Celta, salientou a estrea de Renato Tapia e o regreso de Emre Mor. Logo do susto inicial de Pedro León, chegaron dúas boas opcións para os galegos. Nunha, Nolito culminou unha acción por banda de Lucas Olaza cun disparo violento que atopou a resposta de Dmitrovic.

Na outra o protagonisrta foi Brais Méndez, que recolleu con clase un envío en longo dos que abusou o Celta no primeiro tempo. O seu bo control estivo por riba da defectuosa definición.

Á volta do descanso, o Celta merodeou o gol cun remate en fallo de Aidoo. Segguiamente, Bigas sorprende cun disparo desde moi lonxe. Faltoulle ben pouco para golpear a meta celeste.

O Celta rematopu mellor coas aparicións de Eme Mor. A súa xogada superando a Bigas e Pepe Diop mereceu o gol. Dmitrovic tivo que intervir en dúas ocasións. OP meta foi o mellor dos armeiros. Emre Mor volveu acariñar o gol nun balón roubado por el mesmo. O seu pase buscopu sen éxito a Nolito, cando probablemente outras opcións eran mellores.

O Eibar xogou os dous últimos minutos con 10, pola expulsioón de Pape Diop. No banco , Óscar García non atopou solucións. Só entraron Miguel Baeza e Santi Mina,. E é que tocan fichaxes, pero non hoxe.


Óscar García Adestrador do R.C. Celta: "Teño confianza total, confianza plena, no club. Creo que hoxe non é día para min de falar de xogadores que non están ou de fichaxes senón de loubar aos que xogaron hoxe. Sempre dixen que quería que a xente se sentise orgullosa do equipo e creo que hoxe pódense sentir oprgullosos"

Noticias web

12/09/2020