CRTVG

Buscar

O Celta carga contra o Concello de Vigo e cualifica de "chapuza" a reforma de Balaídos

Publicado o 05/03/2020 21:44
O Celta carga contra o Concello de Vigo e cualifica de "chapuza" a reforma de Balaídos

Hai apenas uns minutos, o Celta sacou á luz un comunicado en que cualifica de "chapuza" o traballo do Concello de Vigo en relación co proxecto de reforma da bancada de Marcador. No comunicado, o club celeste quéixase con contundencia da reforma do estadio de Balaídos. Indica que a reforma final non se vai dar acabado antes do centenario do club, no 2023. Tamén sinala, e citamos literalmente, "a falta de cuberta para a chuvia, estética horrorosa, falta de mobilidade e millonario sobrecusto".

Noticias web

05/03/2020

Máis sobre actualidade