CRTVG

Buscar

O Celta agarda rachar a serie de cinco xornadas sen conseguir a vitoria

Publicado o 31/10/2020 09:24

Un dos maiores problemas que ten o Celta e a falla de pegada. É o equipo con menos gol da liga, tal e como recoñece Denis Suárez. Denis reflexiona con autocrítica: "Ao equipo fáltalle un pouco de madurez, é un equipo moi novo". 

E un equipo tan novo precisa o reforzo dos pesos pesados. "Somos moi importantes, vimos de dúas temporadas nas que se sufriu moito. Hai compañeiros que xogan con moita presión e sempre está na mente", asegura Suárez. Rearmarse mentalmente para acadar un triunfo que non chega desde hai seis xornadas. 

 

Noticias web

31/10/2020