CRTVG

Buscar

O Castellón regresa a Segunda con vitoria

Publicado o 12/09/2020 21:55

O telón da liga na Segunda División alzouse esta tarde no Toralín e fíxoo con vitoria dun acabado de ascender, o Castellón.

Primeiros tres puntos na categoría de prata para os de Óscar Cano que abrían o marcador no minuto 14. Juanto fixo o primeiro gol desta temporada tras unha asistencia de Marc Mateu. Moi boa a definición ante Caro.

O partido era un ir e vir e catro minutos despois a Ponferradina conseguía empatar o encontro. Carlos Doncel supera a Campos tras unha excelente xogada individ ual de Iván Rodríguez.

O empate a uns enchufou os locais que en cuestión de minutos repetían acción e protagonista. Doncel volveu superar a Campos cun lanzamento imparable dende o centro da área. Un golazo que non subiu ao marcador tras ser revisado polo VAR e apreciarse fóra de xogo.

Con este resultado chegouse o descanso e todo apuntaba a que o marcador se mantería ata o final do encontro. Pero o Castellón aumentou as internadas na área rival. O equipo que dirixe Jon Pérez Bolo esmerouse para conter os ataques do rival pero na última xogada do encontro Cubillas asinou de cabeza. O dianteiro acababa de entrar ao campo.

O Castellón recolle a súa primeira vitoria na Segunda División dez anos despois de perder a categoría.




 

Noticias web

12/09/2020