CRTVG

Buscar

O caso do billete de lotaría premiado na Coruña cambia de xulgado

Publicado o 10/01/2020 14:32

Hai novidades no caso do boleto da primitiva millonaria que busca dono na Coruña. Debido a un cambio no xulgado que agora investiga o caso, aprázanse as declaracións de catro altos cargos da Sociedade Estatal de Lotarías e Apostas do Estado, que estaban previstas para a vindeira semana.

O Xulgado de Instrución número sete foi o que levou a cabo a investigación de maneira provisional. Agora está en mans do número oito, e a súa titular necesita tempo suficiente para analizar as dilixencias practicadas ata o momento, antes de tomarlles declaración.

Segundo recolle un informe policial, os responsables de Loterías puideron estar encubrindo o vendedor de lotería e o seu irmán para facilitarlles o cobro do boleto premiado con máis de catro millóns e medio de euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2020