CRTVG

Buscar

Albert Rivera: "Apostamos por unha España centrada e que mire ao futuro"

Publicado o 28/04/2019 12:10

O candidato de Ciudadanos á presidencia do Goberno, Albert Rivera, acudiu hoxe ás 10 da mañá ao colexio de Santa Marta de L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona) e pediu aos electores que aposten por cambiar o executivo e abrir "unha nova era".

Rivera, que acudiu só ao centro de votación, dixo en declaracións aos medios tras depositar as papeletas que este 28 de abril "non son unhas eleccións calquera", porque os votantes deberán decidir entre unha "España que mire adiante ou ao pasado". 

Noticias web

28/04/2019