CRTVG

Buscar

O cancro de pulmón en non fumadores é diferente

Publicado o 21/07/2020 14:19
O cancro de pulmón é distinto nas personas fumadoras ca nas non fumadoras. Un estudo realizado en Taiwán en doentes non fumadores abre a porta a novos tratamentos para uns e outros. Malia todo, os médicos lembran que o tabaco é a causa da maioría dos tumores de pulmón.
 
Os médicos advirten continuamente de que arredor do 90% dos cancros de pulmón están provocados polo tabaco, e só 10% restante se detectan en non fumadores. Segundo os oncólogos, son cancros diferentes. Un estudo realizado en Taiwán descubriu que unha mutación xenética é a causa de moitos tumores pulmonares en non fumadores, sobre todo en mulleres asiáticas, o que vai permitir investigar novas terapias.

"O traballo estudou as proteínas nos tumores desas mulleres asiáticas e abre novas vías de posibles tratamentos nun futuro, cando sexamos capaces de bloquealas".
 
"As proteínas son as efectoras. Se bloqueamos esas proteínas, non hai acción", explica.

Os tratamentos poderían valer para non fumadores e para fumadores.

"O que necesitamos é ver as características do cancro, independentemente de que sexa fumador ou no fumador, para poñerlle o tratamento axeitado", afirma o oncólogo.

A proporción de cancros en non fumadores é moito maior en Asia ca en España e Europa, o que se pode deber, segundo os expertos, á propia raza.

Noticias web

21/07/2020