CRTVG

Buscar

O Canadá e os EUA cren que o avión ucraíno foi derrubado por un mísil iraniano

Publicado o 10/01/2020 20:10

O primeiro ministro do Canadá, Justin Trudeau, sinalou que a información de intelixencia recompilada de varias fontes, apunta a que o avión ucraíno foi derrubado accidentalmente por un mísil iraniano. 63, dos 176 falecidos no accidente, eran de nacionalidade canadense.

O primeiro ministro do Canadá, Justin Trudeau, afirma que "as evidencias indican que o avión foi derrubado por un mísil iraniano, aínda que non de xeito intencionado"

Desde os Estados Unidos, os servizos de intelixencia citados por varios medios de comunicación xa apuntaran a mesma hipótese que a do Goberno do Canadá. Pola contra, Irán volveu rexeitar hoxe que un dos seus mísiles derribase o avión. Co fin de demostralo, o Goberno iraniano abriu a investigación á participación doutros países. Tamén desde o Goberno ucraíno afirmaron que de momento non está confirmado que o Boing 737-800 fora derrubado por un mísil iraniano, aínda que hoxe por hoxe ,dixeron, tampouco se descarta. A Comisión Europea, segundo sinalou un dos seus voceiros, non ten evidencias de que o avión fora derrubado por un mísil iraniano e pide unha investigación independiente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2020