CRTVG

Buscar

O camioneiro que bateu os ciclistas cun martelo di que o intentaron agredir primeiro

Publicado o 26/10/2018 23:24

As imaxes da agresión a uns ciclistas por parte dun camioneiro na entrada de ENCE difundíronse en pouco tempo polas redes sociais e polos grupos de WhatsApp. E agora, un día despois, o camioneiro decidiu contar a súa versión dos feitos polas redes sociais.

Explica que "os feitos non sucederon como contan" e que adiantou correctamente aos deportistas. Segundo asegura ían os dous falando á par ocupando parte da estrada.

"Cando me fun acercando a eles piteille. Cando pasou un coche que quería xirar á esquerda, adianteinos correctamente", engade na gravación. Di que eles entraron por onde acceden os camións e que alí pararon. "Un foi cara a cabina do camión a puñetazos coa porta. Collín, baixei a ventanilla, colgouse no espello e largoume unha puñada para adentro. Collín, baixei, e o resto xa sabedes o que pasou", conta no final do audio.

Noticias web

26/10/2018